sábado, 19 de setembro de 2020

CURSO 2020-2021

 Comezamos un novo curso, unha nova aventura, un novo obxetivo, un novo camiño...

Este ano virá cargado de preguntas, medos, inquedanzas... Pero entre todos e todas poderemos avanzar xuntos e APRENDER conxuntamente, o alumnado máis eu, pois cada ano aprendo cousas novas dos meus nenos e nenas, polo que este ano empecemos coa mesma ILUSIÓN de sempre pero con moitas máis ganas.

 Neste blog atoparedes actividades e xogos para facer, fotos do alumnado e das actividades que vaiamos facendo.

Espero que vos sexa de utilidade.

Unha aperta enorme a todos e benvidos a nosa aula!!!!

martes, 16 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

Ola a todos, xa rematamos o curso escolar, este que foi tan raro, tan dificil...e o que, co voso esforzo axudáchedes a sacar adiante.
A partir de agora, gozade do verán e vémonos en setembro!!
Un bico moi grande a todos.


Nesta entrada queremos deixarvos xogos interactivos para que fagades, unha serie de actividades que podedes facer se vos aburrides, e unha serie de recomendacións que queremos facervos para que vexades películas, leades libros ou fagades unhas fichas-xogos...
Non é obligatorio facelas, pero as deixamos para aqueles que esteades interesados.















Tedes na entrada de xogos do coronavirus os últimos xogos deste ano interactivos.

E deixamos tamén unha recopilación de xogos por asignaturas para o verán.




Por último deixamos os resultados das enquisas que fixéchedes no primeiro periodo do
coronavirus.Lembrades? Aqui os tedes:



luns, 1 de xuño de 2020

traballo 1-12 xuño

Iniciamos o derradeiro mes do curso 19/20.
Deixamos aqui as últimas tarefas deste curso, coma sempre tedes o formato completo, e o horario recomendado. Na entrada de xogos coronavirus xa tedes tamén xogos novos de cada semana.
Recordade que as actividades online son optativas, se non as podedes facer agora, quedaran fixas para que as fagades no verán ou cando vos queirades.
Un saúdo























Tamén deixamos aquí os videos de Hendere que mandáchedes.

luns, 18 de maio de 2020

TRABALLO 18-29 MAIO

Xa case rematando este insusual ano, deixamos o traballo da vindeira quincena. o tedes en distintos formatos, e se preferides tamén dividido por actividades diarias.

Recordade que cada semana na entrada "Xogos online coronavirus" teredes novos xogos para practicar e repasar distintos contidos.
Aquí o tedes para imprimir en PDF
Esperamos que esteades todos ben. Ánimo que xa falta menos. Coidádevos!!


luns, 4 de maio de 2020

traballo semanas 5 de maio ao 15 de maio

Moi boas, Esperamos que estos días foran un pouco máis relaxados coas pequenas saídas dos nenos e nenas.
Deixamos, coma sempre, traballo para as vindeiras dúas semanas. Sabemos que non todo o mundo fai as tarefas ao mesmo ritmo, se podedes facelo perfecto, e se non, tampouco pasa nada, entendemos as distintas situacións familiares e podedes ir facendo aos poucos.







ANOTACIÓN: NA FICHA DE NATURAIS TEDES QUE BUSCAR NA CASA ALIMENTOS COMO OS DAS ETIQUETAS (OU SIMILARES PARA COMPLETALAS,proteinas, vitaminas que achega... asi como a data de caducidade)

  A petición dalgunhas familias, deixamos tamén o traballo organizado por dias, de maneira que podades así seguir un horario. Coma sempre esto é orientativo, podedes seguilo ou non, como vos sexa mellor, pois cada familia é un mundo, e cada un fai o mellor que pode.


Por último,deixamos os videos que gravou Natuska sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible(ODS), e que precisades para facer as actividades de lengua. Tamén podedes descargar o conto aquí
 Recordar tamén que as tarefas que enviamos son sobre contidos xa dados este ano ou o anterior, polo que deberían poder facelo sen axuda. De todas maneiras, se necesitades que lles expliquemos algo, non dubidedes en preguntalo polos medios de comunicación dados polos vosos mestres.
Un saúdo e abrazos a todos. Ánimo!!

domingo, 3 de maio de 2020

xogos online Coronavirus

Cada quincena subimos un recopilatorio de xogos para facer, son totalmente voluntarios.
Aqui os tedes e iremos poñendo os seguintes nesta entrada que quedará fixa ao inicio do blog.
Un saúdo.

Nesta entrada do blog xa tedes un xogo de sociais, un de mates e outro de ortografía. Dádelle o link.
e neste un para repasar as clases de palabras e verbos 


Últimos xogos deste ano:













luns, 20 de abril de 2020

SEMANAS DO 20 AO 1 DE MAIO

Hola rapazada!! unha vez que xa temos unhas directrices para seguir, imos propoñervos facer unha serie de actividades semanais. Deixamos colgadas xa dúas semanas, o traballo divídese por asignaturas. Podedes facer un pequeno calendario nunha folla dividindo o traballo coma mellor os conveña.
Podedes facer as actividades directamente nas follas impresas ou nunha libreta. E coma sempre podedes enviarnos o vosos traballos a lostutoresdecuarto@gmail.com . E se tedes algunha dúbida tamén, así coma por ABALAR.



Da mesma maneira podedes enviarnos videos e fotos facendo experimentos ou receitas de cociña. Aqui no lateral do blog teredes unha carpeta con aquelas cousas que nos enviedes para que todos podamos velas!!!

Recordarvos que tedes a aplicación de
https://alumno.snappet.org/login?1587370707492=
          para repasar contidos. Ditas actividades son autocorrectivas, pero chégannos os resultados ao noso ordenador, así que esforzádevos en facelas. (se alguén non lle funciona, que se poña en contacto co seu titor ou titora)

Esperamos que esteades todos ben. Nós temos moitas ganas de vervos outra vez e poder sair a rúa.
Ánimo a todos e todas e un abrazo moi forte.


                 EN PDF (para imprimir o visualizar facilmente)
https://drive.google.com/file/d/1utc7ZhZ5rnTq8bWxckJ3YkdFi20bhjwU/view?usp=sharing

  TRABALLO A TRAVÉS DE GENIALLY (interactivo)
Para realizar a tarefa de matemáticas e naturais (puxemos a mesma actividade, para que vexades a relación entre asignaturas, facédea conxunta) deixamos aquí un video dunha das cociñeiras da nosa cidade, Patricia, que vos propón o reto matematico-natural:
https://photos.app.goo.gl/SRititznoGt9xZbt9


E por último e derradeiro, deixamos uns xogos para cada día da semana, para aqueles que dispoñades de ordenador:











martes, 14 de abril de 2020

Volta de semana santa

Bos días a todos! Esperamos que esteades todos ben.
Sabemos das situacións particulares que ten cada familia e da complicación de compaxinar todo. Tende en conta que nestes momentos priman aspectos como a paciencia, a unión, a empatía e sobre todo a responsabilidade.
E se tedes algunha dúbida preguntádenos polo abalar ou o correo e intentaremos solventar cada caso particular; e dicirvos que todo o que fagades podedes mandarnos unha foto ou o traballo feito no ordenador ao correo lostutoresdecuarto@gmail.com

Estamos pendentes das instrucciones que esta semana a consellería de educación debe darnos para organizar o terceiro trimestre.
Mentres tanto, e para que os nenos non perdan o hábito propoñemos as seguintes actividades:

 Experimentos para facer con fichas onde debedes incluir a hipótese (que creedes que pasará) e a conclusión ( o que de verdade pasou).

proxecto de investigación: INFECCIONES
tedes que confeccionar un triptico sobre distintos tipos de infeccións
https://view.genial.ly/5e8d983c6751720e3bc63380/presentation-infeccionestriptico

Repaso de animais vertebrados:(dádelle a iniciar presentación)
https://drive.google.com/open?id=1xgRAyiE5v4XH53Sj6YvGv56nmaOPXuBvH61dYpW_aNE