Moi boas, Esperamos que estos días foran un pouco máis relaxados coas pequenas saídas dos nenos e nenas.
Deixamos, coma sempre, traballo para as vindeiras dúas semanas. Sabemos que non todo o mundo fai as tarefas ao mesmo ritmo, se podedes facelo perfecto, e se non, tampouco pasa nada, entendemos as distintas situacións familiares e podedes ir facendo aos poucos.

ANOTACIÓN: NA FICHA DE NATURAIS TEDES QUE BUSCAR NA CASA ALIMENTOS COMO OS DAS ETIQUETAS (OU SIMILARES PARA COMPLETALAS,proteinas, vitaminas que achega... asi como a data de caducidade)
A petición dalgunhas familias, deixamos tamén o traballo organizado por dias, de maneira que podades así seguir un horario. Coma sempre esto é orientativo, podedes seguilo ou non, como vos sexa mellor, pois cada familia é un mundo, e cada un fai o mellor que pode.
Por último,deixamos os videos que gravou Natuska sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible(ODS), e que precisades para facer as actividades de lengua. Tamén podedes descargar o conto aquí
Recordar tamén que as
tarefas que enviamos son sobre contidos xa dados este ano ou o
anterior, polo que deberían poder facelo sen axuda. De todas maneiras,
se necesitades que lles expliquemos algo, non dubidedes en preguntalo
polos medios de comunicación dados polos vosos mestres.
Un saúdo e abrazos a todos. Ánimo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.