luns, 28 de xaneiro de 2019

Excursión Afundación

Hola papás e mamás, o mércores fomos de excursión a Afundación. Alí aprendemos moitas cousas, especialmente a importancia da relación entre música e arte. Pois moitos artistas quixeron debuxar a música e moitos músicos quixeron poñerlle música aos cadros.
Parámonos especialmente con KANDINSKY, pois ali tivemos a oportunidade de ver un cadro real deste artista. e imaxinar o que alí debuxara.
E vos que vedes aqui?? os vosos fillos imaxinaron un faro, un paxaro, unha lua e un tobogán....

Ademáis fixemos unha actividade onde os nenos bailaban e debuxaban a musica que escoitaban. Deixovos aqui algunhas fotiños:






venres, 18 de xaneiro de 2019

Noraboa Xurxo!

O día 8 foi o aniversario de Xurxo. NORABOA!!!

Ademáis de celebralo, Xurxo trouxo o clarinete e tocounos varias cancións, xogamos a adiviñar qué tocaba, entre elas... un elefante se balanceaba... debaixo un botón... ou a marcha imperial da guerra das galaxias.. TODO UN FENÓMENO!!