xoves, 26 de decembro de 2019

NADAL


Para rematar o trimestre deixovos o video da actuación para aqueles que non puidechedes asistir ou para volver a vela.

video nadal 4ºC



Aniversarios

O longo do trimestre os nenos e nenas festexaron os seus aniversarios cun doce ou un biscoito. Aqui tendes as fotos deses días especiais.





domingo, 8 de decembro de 2019

Visita Afundación

O xoves andivemos un pouco apurados, entre explicar a constitución e sair a excursión foi todo o día a correr.
Aínda así, na exposición aprendimos moitísmo dos animais e os ecosistemas, así como da importancia da reciclaxe e de coidar o noso planeta. Aqueles que teñades tempo de ir visitar a exposición recoméndovolo, pois é moi interesante, poderedes ver imaxes fantásticas do documental de netflix "nuestro planeta", e usar gafas 3D para situaros na cima dunha duna no Sahara ou na mesma cidade de New York.

Deixovos aqui o trailer do documental así coma fotos da visita.

Un saúdo a todos!!!





E AS FOTOS!!!






E mirade esta foto, son FUNGOS!!!! A natureza é impresionante!!

 
Tamén comezamos un taller de publicidade para concienciar da importancia de coidar o noso planeta, nestas dúas semanas os nenos e nenas rematarán os seus carteis.







martes, 3 de decembro de 2019

ECOSISTEMAS

A semana pasada estivemos repasando os ecosistemas, aqueles nenos que quixeran (recomendable é) estan a facer maquetas na casa. Deixovos a primeira maqueta dun fondo mariño.

Felicidades Álvaro, está genial!!!!



tamén Caludia e Antía fixeron o seu propio ecosistema, esta vez é un pequeno bosque cun riachuelo. Quedoulles perfecto!!



E seguimos cos ecosistemas: agora son Noa e Mateoco ecosistema do deserto e dunha selva.

E  mirade que boa idea tivo Iria, aproveitou a campá para facer o seu propio ecosistema. Premio a máis imaxinativa!!!!!

Tamén participou Guille co ecosistema da selva e Sara  co ecosistema da estepa australiana.

E a última maqueta entregada foi de Sofía. Ecosistema marino

CLUB HOCKEY DEPORTIVO LICEO

Onte tivemos a visita dos xogadores de deportivo Liceo de Hockey,os que esteades interesados en entradas para o domingo 8 as 12 da mañá avisademe.Deixovos as fotos dos nenos e nenas. Que ilusión coñecer novos deportes!!!!