luns, 20 de abril de 2020

SEMANAS DO 20 AO 1 DE MAIO

Hola rapazada!! unha vez que xa temos unhas directrices para seguir, imos propoñervos facer unha serie de actividades semanais. Deixamos colgadas xa dúas semanas, o traballo divídese por asignaturas. Podedes facer un pequeno calendario nunha folla dividindo o traballo coma mellor os conveña.
Podedes facer as actividades directamente nas follas impresas ou nunha libreta. E coma sempre podedes enviarnos o vosos traballos a lostutoresdecuarto@gmail.com . E se tedes algunha dúbida tamén, así coma por ABALAR.



Da mesma maneira podedes enviarnos videos e fotos facendo experimentos ou receitas de cociña. Aqui no lateral do blog teredes unha carpeta con aquelas cousas que nos enviedes para que todos podamos velas!!!

Recordarvos que tedes a aplicación de
https://alumno.snappet.org/login?1587370707492=
          para repasar contidos. Ditas actividades son autocorrectivas, pero chégannos os resultados ao noso ordenador, así que esforzádevos en facelas. (se alguén non lle funciona, que se poña en contacto co seu titor ou titora)

Esperamos que esteades todos ben. Nós temos moitas ganas de vervos outra vez e poder sair a rúa.
Ánimo a todos e todas e un abrazo moi forte.


                 EN PDF (para imprimir o visualizar facilmente)
https://drive.google.com/file/d/1utc7ZhZ5rnTq8bWxckJ3YkdFi20bhjwU/view?usp=sharing

  TRABALLO A TRAVÉS DE GENIALLY (interactivo)
Para realizar a tarefa de matemáticas e naturais (puxemos a mesma actividade, para que vexades a relación entre asignaturas, facédea conxunta) deixamos aquí un video dunha das cociñeiras da nosa cidade, Patricia, que vos propón o reto matematico-natural:
https://photos.app.goo.gl/SRititznoGt9xZbt9


E por último e derradeiro, deixamos uns xogos para cada día da semana, para aqueles que dispoñades de ordenador:











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.