Sabemos das situacións particulares que ten cada familia e da complicación de compaxinar todo. Tende en conta que nestes momentos priman aspectos como a paciencia, a unión, a empatía e sobre todo a responsabilidade.
E se tedes algunha dúbida preguntádenos polo abalar ou o correo e intentaremos solventar cada caso particular; e dicirvos que todo o que fagades podedes mandarnos unha foto ou o traballo feito no ordenador ao correo lostutoresdecuarto@gmail.com
Estamos pendentes das instrucciones que esta semana a consellería de educación debe darnos para organizar o terceiro trimestre.
Mentres tanto, e para que os nenos non perdan o hábito propoñemos as seguintes actividades:
Experimentos para facer con fichas onde debedes incluir a hipótese (que creedes que pasará) e a conclusión ( o que de verdade pasou).
proxecto de investigación: INFECCIONES
tedes que confeccionar un triptico sobre distintos tipos de infeccións
Repaso de animais vertebrados:(dádelle a iniciar presentación)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.