luns, 18 de maio de 2020

TRABALLO 18-29 MAIO

Xa case rematando este insusual ano, deixamos o traballo da vindeira quincena. o tedes en distintos formatos, e se preferides tamén dividido por actividades diarias.

Recordade que cada semana na entrada "Xogos online coronavirus" teredes novos xogos para practicar e repasar distintos contidos.
Aquí o tedes para imprimir en PDF
Esperamos que esteades todos ben. Ánimo que xa falta menos. Coidádevos!!


luns, 4 de maio de 2020

traballo semanas 5 de maio ao 15 de maio

Moi boas, Esperamos que estos días foran un pouco máis relaxados coas pequenas saídas dos nenos e nenas.
Deixamos, coma sempre, traballo para as vindeiras dúas semanas. Sabemos que non todo o mundo fai as tarefas ao mesmo ritmo, se podedes facelo perfecto, e se non, tampouco pasa nada, entendemos as distintas situacións familiares e podedes ir facendo aos poucos.







ANOTACIÓN: NA FICHA DE NATURAIS TEDES QUE BUSCAR NA CASA ALIMENTOS COMO OS DAS ETIQUETAS (OU SIMILARES PARA COMPLETALAS,proteinas, vitaminas que achega... asi como a data de caducidade)

  A petición dalgunhas familias, deixamos tamén o traballo organizado por dias, de maneira que podades así seguir un horario. Coma sempre esto é orientativo, podedes seguilo ou non, como vos sexa mellor, pois cada familia é un mundo, e cada un fai o mellor que pode.


Por último,deixamos os videos que gravou Natuska sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible(ODS), e que precisades para facer as actividades de lengua. Tamén podedes descargar o conto aquí
 Recordar tamén que as tarefas que enviamos son sobre contidos xa dados este ano ou o anterior, polo que deberían poder facelo sen axuda. De todas maneiras, se necesitades que lles expliquemos algo, non dubidedes en preguntalo polos medios de comunicación dados polos vosos mestres.
Un saúdo e abrazos a todos. Ánimo!!

domingo, 3 de maio de 2020

xogos online Coronavirus

Cada quincena subimos un recopilatorio de xogos para facer, son totalmente voluntarios.
Aqui os tedes e iremos poñendo os seguintes nesta entrada que quedará fixa ao inicio do blog.
Un saúdo.

Nesta entrada do blog xa tedes un xogo de sociais, un de mates e outro de ortografía. Dádelle o link.
e neste un para repasar as clases de palabras e verbos 


Últimos xogos deste ano: