mércores, 10 de abril de 2019

Luis Seoane

O día 2 de abril festexouse o dia das artes galegas, que este ano dedicouse a Luis Seoane. Por iso comezamos traballando unha das súas obras. E hoxe visitamos a Fundación Luis Seoane, onde puidemos ver un algunhas das súas obras e a súa maneira de traballar. Contáronnos que Luis Seoane era un artista a quen lle gustaba facer colaxes. Onde mesturaba partes para crear un todo.

Os nosos nenos e nenas fixeron algo parecido: Con pezas de bonecos inventaron e utilizaron a súa imaxinación para crear obras coma estas.
























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.