Para comezar, esta semana déronlle un premio a SANTIAGO pola cabaza que fixo para SAMAÍN.
NORABOA!!!!!
Ademáis estamos a rematar a maqueta do relevo e hoxe fixemos un pequeno xogo na aula de informática, que ademáis serviunos para comprobar canto sabíamos do tema "O Relevo" de Sociais. Empregamos a aplicación Kahoot.
Por último tamén dicirvos que na aula de educación física practicaron ESGRIMA, onde aprenderon as nocións básicas.
Como vedes estamos moi ocupados, con moitas cousas que rematar e aprender. Incluida a panxoliña de nadal, que seguiremos practicando esta semana.
Un saúdo a todos
Es increíble todas las cosas que hacéis, a cada cual más genial!!! Me encanta, enhorabuena por el trabajo y el esfuerzo!!!
ResponderEliminar