xoves, 20 de decembro de 2018

FINAL DE TRIMESTRE

O mércores veu o apalpador a facernos unha visita pola aula, e deixounos caramelos:



Xa rematando o trimestre deixovos aqui unha serie de recomendacións para este Nadal:

-Reíde.
-Xogade
-Lede un libro
-Comede moito e bebede con moderación
e....

-Disfrutade dos vosos fillos e fillas porque son ESTUPENDOS!!!


Aquí deixovos o video de Nadal da actuación do xoves 20:





E para aqueles que teñan que repasar a escritura (especialmente de trabadas) deixovos algúns enlaces:

UDICOM: páxina para descargar actividades en pdf de sinfóns.

ALES II: xogo educativo para traballar grafemas e fonemas.

HECTOR: xogo de lectoescritura

e despois de todo isto.... BOAS FESTAS!!!

 






ANIVERSARIOS

Este mes tivemos de aniversario a Lara e a Nicolás. Felicidades!!!!


mércores, 12 de decembro de 2018

ACTIVIDADES MES DE DECEMBRO

Xa case rematado o primeiro trimestre (parece que foi onte) ensinovos cousiñas que están a facer os nenos e nenas en clase.
Para comezar, esta semana déronlle un premio a SANTIAGO pola cabaza que fixo para SAMAÍN.

 
NORABOA!!!!!

Ademáis estamos a rematar a maqueta do relevo e hoxe fixemos un pequeno xogo na aula de informática, que ademáis serviunos para comprobar canto sabíamos do tema "O Relevo" de Sociais. Empregamos a aplicación Kahoot.







Por último tamén dicirvos que na aula de educación física practicaron ESGRIMA, onde aprenderon as nocións básicas.



















Como vedes estamos moi ocupados, con moitas cousas que rematar e aprender. Incluida a panxoliña de nadal, que seguiremos practicando esta semana.

Un saúdo a todos

xoves, 6 de decembro de 2018

MAQUETA O RELEVO

Para rematar co tema do relevo, e afianzar os contidos estudados, estamos a facer unhas maquetas por grupos onde aparecerán todos os elementos estudados. Aqui tendes as primeiras fotos:






















  
























SISTEMA DIXESTIVO

Aínda que esta semana foi cortiña, estivemos estudando o sistema dixestivo. É o que levan para estudiar este fin de semana.
Deixovos aqui o que teñen que estudar e os videos relacionados con este sistema para que os visionedes na casa, e poder afianzar os contidos.



Os seres humanos precisamos alimentarnos para que a comida aporte enerxía a todo o corpo e
eliminar aquelo que non necesita. O aparello dixestivo é o que realiza este traballo que se chama DIXESTIÓN.





Aquí tendes o resumo:



E os videos:






e por suposto o video de "La vida es así":





DISFRUTADE DA PONTE!!


 

martes, 4 de decembro de 2018

RCP no cole

O luns tivemos unha visita moi especial: Fernando, o papá de Julia veunos visitar cun compañeiro seu e dous amigos moi especiais.



Ensinounos que facer en caso dunha emerxencia médica. CHAMAR O 112. (Nos facemos o truco de 1 boca, 1 nariz e 2 ollos para recordalo mellor)
e practicamos cos muñecos a facer a maniobra de Reanimación CardioPulmonar, que nos podería axudar en caso de emerxencia.





Aqui tendes os nenos facendo a reanimación. Hai que ter moita forza!!!











 Estivemos todos moi atentos:










Ademáis deixaronnos unha presentación onde aparecen os pasos que debemos seguir en caso de emerxencia. Deixovolo aqui para que o repasedes.

Unha das cosas máis importantes é saber a dirección onde vivimos!, asi que xa sabedes... A aprendela ben!!