venres, 19 de outubro de 2018
OS SABORES- A AUGA
Esta semana tivemos un montón de traballo, experimentamos cos sabores: acedo, amargo, salgado, doce ... e descubrimos o sabor UMAMI, que significa "Sabroso".
Identificamos cada sabor, e o sitio da lingua onde se nota. E fomos capaces de cubrir unha ficha.
Foi moi divertido!
Os cinco sabores.
Repasamos o ciclo da auga e os estados da mesma: sólido, líquido e gasoso. Para iso, xogamos coa auga líquida, conxelamos a auga e despois quentámola para ver como se convertía en vapor e despois outra vez en auga líquida. Aquí tendes algunhas fotiños:
Tamén repasamos os ósos e fixemos o esqueleto (colocamos os ósos do corpo no seu sitio).
Deixovos esta imaxen que me pareceu moi interesante:
Repasade outra vez os contidos na casa, que esta semana seguiremos co corpo humano.
Boa fin de semana a tod@s!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.