mércores, 31 de outubro de 2018

SAMAÍN

Hola a todos, esta semana é cortiña, polo que vos deixo só unhas fotos da sesión de contacontos que tiveron hoxe na biblioteca: o NOSO SAMAÍN, e A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS.


E non esquezades visitar o blog da biblioteca "A cova dos soños" onde atoparedes os contos de SAMAÍN que os rapaces e rapazas de 6º escenificaron para nós. (tedes o enlace no lateral desta páxina; en blogs aos que sigo)






Coma sempre, moitas gracias por participar no concurso de cabazas !!! 

A vindeira semana dirannos os gañadores da exposición de cabazas por niveis, e subirei as fotos.





Un saudo e feliz SAMAÍN

venres, 19 de outubro de 2018

actividades diarias

Todos os días facemos rutinas na aula.Un día de mates e outro de lengua ou lingua galega.

Deixovos aqui dúas actividades que podedes repetir na casa nun cuadernillo, ou imprimir estas follas:


Para mates:
Para lengua:




Actividades de: Eva Macho, Maestra de Pedagogía Terapéutica at COLEGIO SAN BLAS


Espero que sexan de axuda.Un saudo.

Kandinsky

Este ano imos traballar a plástica con distintos artistas. Como xa tíñamos a porta cunha arbore estilo Kandinsky, foi fácil escoller por cal comezar.

Primeiro falamos sobre quen era e cómo comezou a pintar, xa que o inicio da súa obra era moi tradicional, sen embargo co paso do tempo deuse conta da importancia das cores nos debuxos e comezou coa pintura ABSTRACTA.

Que figuras ou imaxes atopades nos seus cadros?? Hai que ter boa imaxinación!!!




E aquí tendes algunhas das obras dos nenos e nenas!!!!




































































E asi quedan os posavasos todos xuntos:




OS SABORES- A AUGA





Esta semana tivemos un montón de traballo, experimentamos cos sabores: acedo, amargo, salgado, doce ... e descubrimos o sabor UMAMI, que significa "Sabroso".







Identificamos cada sabor, e o sitio da lingua onde se nota. E fomos capaces de cubrir unha ficha.
 





Foi moi divertido!


Os cinco sabores.










Repasamos o ciclo da auga e os estados da mesma: sólido, líquido e gasoso. Para iso, xogamos coa auga líquida, conxelamos a auga e despois quentámola para ver como se convertía en vapor e despois outra vez en auga líquida. Aquí tendes algunhas fotiños:






 Tamén repasamos os ósos e fixemos o esqueleto (colocamos os ósos do corpo no seu sitio).

Deixovos esta imaxen que me pareceu moi interesante:
  

























Repasade outra vez os contidos na casa, que esta semana seguiremos co corpo humano.

Boa fin de semana a tod@s!!!



martes, 9 de outubro de 2018

O SUPERMERCADO

Todos os días xogamos ao super para iniciarnos na utilización das moedas e billetes.

 Precisabamos que trouxeran carteiras para poder gardar os cartos. Un saudo


luns, 8 de outubro de 2018

Charla Educación Vial

 


Este ano dende o colexio iniciamos a andadura con "ANCAS",un proxecto educativo que incorpora a práctica de hábitos saudables e valores de convivencia a través de pautas de seguridade vial, para lograr un entorno urbano máis saudable, seguro e sostible na Coruña.

Para iso faranse dúas cousas:
1. Charlas informativas sobre educación vial.
2. Pegado das rás nos entornos do colexio (por parte do concello)

Xa comezamos coas charlas:





Estiveron moi atentos!!!